Letrados

María Monteagudo Romero

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, desempeña a súa actividade profesional como avogada neste despacho desde o ano 1992.


É delegada do Ilmo. Colexio Provincial de Avogados de A Coruña para os partidos xudiciais de Muros e Corcubión desde 1994.


Está adscrita ó turno de oficio nos ámbitos civil, penal e ó especial de violencia doméstica, e figura como letrada especialista en Dereito sucesorio no citado Colexio Provincial.


Obtivo o Posgrao en Mediación pola Universidade de A Coruña no ano 2014, e figura inscrita no Rexistro de mediadores da Xunta de Galicia dende o ano 2015.


Xoaquín Enrique Monteagudo Romero *

O Letrado é licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, desde o ano 1976.


Ten estudios complementarios das carreiras de Filosofía e Letras, especialidade de Historia, e de Filoloxía na mesma Universidade.


É secretario de Administración Local de 1ª e 2ª categoría desde 1982.


Realizou estudos de perfeccionamento no Institute International d´Administration Publique de París e na Universidade de Londres.


Traballa no despacho desde 1978.


Xabier Monteagudo Neira

Licenciado en dereito pola Universidad Alfonso X El Sabio de Madrid desde o ano 2004. No 2005 realizou o Curso de Urbanismo no Centro de Estudios Financieros de Madrid.


É Técnico Superior en Riscos Laborais dende o ano 2009.


Traballou na Asesoría Xurídica de Acciona Energía desde o ano 2005 ata o 2008, e dende o ano 2008 ata o 2011 foi Delegado Territorial en Galicia do Grupo Capital Energy.


Traballa no despacho desde o 2011.


Posgrao de especialización universitaria en Xurisdicción contencioso-administrativa, obtido no ano 2015.


Ten a titulación superior de Técnico de Administración Local. Realiza o labor de asesor xurídico en diversas corporacións locais.


 

* En situación de baixa temporal como letrado exercente por nomeamento en posto de Administración Local.

  • Símbolo que indica contido XHTML 1.0 Strict válido
  • Símbolo que indica o uso de follas de estilo CSS2 válidas