Aviso legal

5 de Marzo do 2008


1. Información legal e aceptación.

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de Internet (en adiante, o 'Portal') que Monteagudo Avogados pon á disposición dos usuarios de Internet.


Monteagudo Avogados é unha sociedade civil profesional formada por María e Xoaquín Monteagudo Romero con NIF 33.284.965 D e 33.216.418 W e domicilio en Curro da Praza número 2, 15250-Muros (A Coruña).

O acceso á páxina web é gratuíto agás no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións  subministrada polo proveedor de acceso contratado polos usuarios. Determinados servizos son exclusivos para os nosos clientes e o seu acceso atópase restrinxido.

A utilización do Portal atribúe a condición de usuario do Portal (en adiante, o 'Usuario') e implica a aceptación de todas as condicións incluídas neste Aviso Legal. A prestación do servizo do Portal ten unha duración limitada ao momento no que o Usuario se atope conectado ao Portal ou a algún dos servizos que a través do mesmo se facilitan. Polo tanto, o Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasiones en que se propoña utilizar o Portal, xa que este e as súas condicións de uso recolleitas no presente Aviso Legal poden sufrir modificacións.

Algúns servizos do Portal accesibles para os usuarios de Internet ou exclusivos para os clientes, poden estar sometidos a condicións particulares, regulamentos e instrucións que, se é o caso, substitúen, completan e/ou modifican o presente Aviso Legal e que deberán ser aceptadas polo Usuario antes de iniciarse a prestación do servizo correspondente.

2. Propiedade intelectual e industrial.

Todos os contidos do Portal, entendendo por estes a título meramente enunciativo os textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, links e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte (en adiante, os 'Contidos'), son propiedade intelectual de Monteagudo Avogados ou de terceiros, sen que poidan entenderse cedidos ao Usuario ningún dos dereitos de explotación recoñecidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual sobre os mesmos, agás aqueles que resulten estrictamente necesario para o uso do Portal.
As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos son titularidade de Monteagudo Avogados ou terceiros, sen que poida entenderse que o acceso ao Portal atribúa ningún dereito sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos.

3. Condicións de uso do portal.

3.1 Xeral.
O Usuario obrígase a facer un uso correcto do Portal de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal. O Usuario responderá fronte a Monteagudo Avogados ou fronte a terceiros, de calquera danos e perdas que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obriga.


Queda expresamente prohibido o uso do Portal con fins lesivos de bens ou intereses de Monteagudo Avogados ou de terceiros ou que de calquera outra forma sobrecarguen, dañen ou inutilicen as redes, servidores e demais equipos informáticos (hardware) ou produtos e aplicacións informáticas (software) de Monteagudo Avogados ou de terceiros.


3.2 Contidos.
O Usuario comprométese a utilizar os Contidos de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal, así como coas demais condicións, regulamentos e instrucións que se é o caso puidesen ser de aplicación de conformidade co disposto na cláusula 1.

Con carácter meramente enunciativo, o Usuario dacordo coa lexislación vixente deberá abstenerse de:

Reproducir, copiar, distribuír, poñer a disposición, comunicar publicamente, transformar ou modificar os Contidos agás nos casos autorizados na lei ou expresamente consentidos por quen ostente a titularidade dos dereitos de explotación se é o caso. Reproducir ou copiar para uso privado os contidos que poidan ser considerados como Software ou Base de Datos de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, así como a súa comunicación pública ou posta a disposición de terceiros cando estes actos impliquen necesariamente a reprodución por parte do Usuario ou dun terceiro. Extraer e/ou reempregar a totalidade ou unha parte substancial dos contidos integrantes do Portal.

3.3 Introdución de ligazóns ao Portal.
O usuario de Internet que queira introducir ligazóns desde as súas propias páxinas web ao Portal deberá cumprir coas condicións que se detallan a seguir sen que o descoñecemento das mesmas evite as responsabilidades derivadas da Lei:

A ligazón unicamente vinculará coa home page ou páxina principal do Portal pero non poderá reproducila de ningunha forma (inline links, copia dos textos, gráficos, etc).

Quedará en todo caso prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan ao Portal ou permitan a visualización dos Contidos a través de direccións de Internet distintas ás do Portal e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos ao Portal de xeito que: (I) produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nos usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou Contidos; (II) supoña un acto de comparación ou imitación desleal; (III) sirva para aproveitar a reputación da marca e prestixio de Monteagudo Avogados; ou (IV) de calquera outra forma resulte prohibido pola lexislación vixente.

Non se realizarán desde a páxina que introduce a ligazón ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre Monteagudo Avogados, os seus socios, empregados, clientes ou sobre a calidade dos servizos que presta.

En ningún caso, se expresará na páxina onde se sitúe a ligazón que Monteagudo Avogados ou calquera dos seus socios ou empregados prestou o seu consentimento para a inserción da ligazón ou que doutra forma patrocina, colabora, verifica ou supervisa os servizos do remitente.

Está prohibida a utilización de calquera marca denominativa, gráfica ou mixta ou calquera outro signo distintivo de Monteagudo Avogados dentro da páxina do remitente agás nos casos permitidos pola lei ou expresamente autorizados e sempre que se permita, nestes casos, unha ligazón directo co Portal na forma establecida nesta cláusula.

A páxina que estableza a ligazón deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso dispoñer ou enlazar con contidos propios ou de terceiros que: (I) sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.); (II) induzcan ou poidan inducir no Usuario a falsa concepción de que Monteagudo Avogados subscribe, apoia, adhírese ou de calquera maneira apoia, as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; (III) resulten desaxeitados ou non pertinentes coa actividade en atención ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.

4. Exclusión de responsabilidade

4.1 Da calidade do servizo.
O acceso ao Portal non implica a obriga por parte do titular de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ao Usuario, en todo caso, a dispoñibilidade de ferramentas axeitadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.

O titular non se responzabiliza dos danos producidos nos equipos informáticos dos Usuarios ou de terceiros durante a prestación do servizo do Portal.

4.2 Da dispoñibilidade do servizo.
O acceso ao Portal require de servizos e subministracións de terceiros, incluídos o transporte a través de redes de telecomunicacións cuxa fiabilidade, calidade, continuidade e funcionamento non corresponde a Monteagudo Avogados. Polo tanto, os servizos proveídos a través do Portal poden ser suspendidos, cancelados ou resultar inaccesibles, con carácter previo ou simultaneo á prestación do servizo do Portal.
 
Monteagudo Avogados non se responzabiliza dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos no Usuario que traian causa de fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo do Portal durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.

4.3 Dos contidos e servizos enlazados a través do Portal.
O servizo de acceso ao Portal inclúe dispositivos técnicos de ligazón, directorios e incluso instrumentos de busca que permiten ao Usuario acceder a outras páxinas e portais de Internet (en adiante, 'Sitios Enlazados'). Nestes casos, actúamos como prestador de servizos de intermediación de conformidade co artigo 17 da Lei 34/2002, de 12 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI) e só será responsable dos contidos e servizos fornecidos nos Sitios Enlazados na medida que teña coñecemento efectivo da ilicitud e non desactive a ligazón coa dilixencia debida. No caso de que o Usuario considere que existe un Sitio Enlazado con contidos ilícitos ou desaxeitados poderá comunicalo, sen que en ningún caso esta comunicación comporte a obriga de retirar o correspondente ligazón.

En ningún caso, a existencia de Sitios Enlazados debe presupoñer a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación de Monteagudo Avogados coas manifestacións, contidos ou servizos proveídas.

Monteagudo Avogados non coñece os contidos e servizos dos Sitios Enlazados e por tanto non se fai responsable polos danos producidos pola ilicitud, calidade, desactualización, indisponibilidad, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos Sitios Enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable.

5. Protección de datos persoais.

Os datos persoais facilitados a través do Portal serán incorporados a un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal. Esta entidade tratará os datos de forma confidencial e exclusivamente coa finalidade de xestionar a relación cos seus clientes e promocionar as actividades do Despacho. Así mesmo, Monteagudo Avogados cancelará, borrará e/ou bloqueará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixen de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos.
 
Monteagudo Avogados adopta os niveis de seguridade requiridos polo Regulamento de Medidas de Seguridade aprobado polo real Decreto 994/1999 de 6 de xuño. Non obstante o anterior, a seguridade técnica nun medio como Internet non é inexpugnable e poden existir filtracións por actuacións dolosas de terceiros.


6. Lexislación.


O presente Aviso Legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola lei española.



  • Símbolo que indica contido XHTML 1.0 Strict válido
  • Símbolo que indica o uso de follas de estilo CSS2 válidas